Bo día.
Benvidas e benvidos de novo!!! Comezamos de novo a actualizar o noso blog co ánimo de servir de axuda á hora de afrontar as vosas tarefas diarias.
En primeiro lugar recibide unha inmensa aperta, que aínda que telemática, agardamos vos faga chegar todo o noso agarimo e a nosa enerxía positiva.
En segundo lugar recomendar a volta a establecer rutinas, nas que atopemos tempo adicado ás cousas que se farían no colexio e que neste momento non podemos facer todos xuntos. Recordade o consello de facer un horario semanal, onde cada día establezamos os tempos de traballo, de axuda, de lecer ou de descanso sen máis.
E por último dende aquí seguimos mantendo o compromiso de seguir propoñendo e presentando recursos que consideramos vos serán útiles para seguir mellorando a nosa competencia.
Lembrade seguir escribindo todos os días, cada día un pouco mellor, empregando o diario, ou o dictado, ou a copia. Seguir lendo todos os días, cada día un pouquiño máis rápido, tanto en voz baixa como en voz alta. E seguir practicando as sumas e as restas, con operacións ou problemas.
Así que xa estamos de volta e seguiremos construíndo momentos que nos axuden a superar estes momentos tan diferentes do que estabamos acostumados e debemos seguir atentos, porque xa sabedes que "queda un día menos para volver á normalidade"
Son Lucas, grazas Manuel, estes días de semana santa non escribín a diario pero si lin. A partir de hoxe xa vou ler, escribir e facer sumas e restas!
ResponderEliminar