Como última proposta antes das vacacións da semana que vén, propóñovos que poñamos en funcionamento a nosa imaxinación.
Imaxinádevos que hoxe despertades e descubrides que todo o que está pasando foi un soño que tivestes, e que cando chegades ao cole queredes contarlle ás vosas compañeiras e compañeiros ese soño.
Pois a proposta de hoxe consiste en que escribades o que lle contariades ás vosas compañeiras e compañeiros, como axuda podedes facer unha lista con algunhas cousas boas deste "soño", e outra con aquelas cousas que non vos gustan nada deste "soño".
Ningún comentario:
Publicar un comentario