Visualizacións de páxina totais
xoves, 30 de abril de 2020
Comprensión lectora
Aquí tendes un conto para que leades e logo tedes unhas preguntas sobre o conto para que contestedes.
CONTO
CONTO
mércores, 29 de abril de 2020
martes, 28 de abril de 2020
Especial do día
Aquí tendes outra proposta de frases con absurdos que unha vez identificados deberedes correxir.
FRASES CON ABSURDOS
FRASES CON ABSURDOS
luns, 27 de abril de 2020
Especial do día
Aquí vos deixo frases que teñen partes absurdas que deberedes descubrir e volvelas escribir correxidas.
FRASES CON ABSURDOS
FRASES CON ABSURDOS
Ciencias Naturais.
Aquí vos deixo unha idea para traballar os bosques.
Podedes facela na propia lámina ou noutro papel...
BOSQUE
Podedes facela na propia lámina ou noutro papel...
BOSQUE
venres, 24 de abril de 2020
Blog da biblioteca
Non esquezades estes días visitar o blog da biblioteca onde se irán colgando hiatorias para seguir conmemorando o día do libro.
BIBLIOROXOS
BIBLIOROXOS
Conto animado
Cerrando a semana na que celebramos o día do libro aquí vos propoño outro conto animado para que sigades completando o voso caderno de fichas das vosas lecturas.
Especial do día
Seguindo coa homenaxe aos nosos compañeiros libros, aquí vos presento unha proposta para crear e decorar os nosos propios libros dun xeito divertido e vistoso.
xoves, 23 de abril de 2020
Día do libro
Se consultades a Páxina web do colexio teredes unha pequena sorpresa para esta conmemoración.
Especial do día
Hoxe día do libro propóñovos outro conto animado para disfrutar dos nosos amigos os libros dun xeito diferente. Lémbrate ao rematar de facer unha nova fichiña deste conto para ir aumentando a nosa colección.
mércores, 22 de abril de 2020
Especial do día
Como se está achegando o día do libro, 23 de abril, aquí tendes outro conto animado para que poidades seguir desfrutando e seguir ampliando o voso conxunto de fichas co título, o autor, a editorial, un pequeno resumo e un debuxo.
martes, 21 de abril de 2020
Especial do día
Aquí tendes un conto animado para que ao rematar podades facer unha nova ficha co título, autor, editorial e facer un pequeno resumo así como un debuxo que explique o que acabamos de ver.
luns, 20 de abril de 2020
Sumas levando
Como algunhas e algúns xa estades facendo sumas levando, aquí tedes uns vídeos onde se explica dun xeito simple o proceso.
venres, 17 de abril de 2020
xoves, 16 de abril de 2020
Especial do día
Hoxe propóñovos traballar a descrición. Para iso podedes describir ás persoas da vosa familia ou facer unha descrición de vós mesmas ou mesmos. Tamén podedes crear un xogo no que describides a unha compañeira da clase ou compañeiro e os demais deben adiviñar de quen se trata. Para isto incluso podedes compartilo con algún compañeiro ou compañeira e que adiviñe a quen describides.
Para axudarvos aquí poño un esquema dunha descripción.
DESCRICIÓN
Para axudarvos aquí poño un esquema dunha descripción.
DESCRICIÓN
mércores, 15 de abril de 2020
martes, 14 de abril de 2020
Especial do día
Como primeira proposta aquí vos deixo un pequeno conto animado. Cando o rematedes de ver podedes escribir unha ficha del co título, o autor, a editorial, tamén podedes escribir un resumo da historia. E incluso podedes pensar e escribir outro final que podedes compartir como comentario a esta proposta.
Saúdo
Bo día.
Benvidas e benvidos de novo!!! Comezamos de novo a actualizar o noso blog co ánimo de servir de axuda á hora de afrontar as vosas tarefas diarias.
En primeiro lugar recibide unha inmensa aperta, que aínda que telemática, agardamos vos faga chegar todo o noso agarimo e a nosa enerxía positiva.
En segundo lugar recomendar a volta a establecer rutinas, nas que atopemos tempo adicado ás cousas que se farían no colexio e que neste momento non podemos facer todos xuntos. Recordade o consello de facer un horario semanal, onde cada día establezamos os tempos de traballo, de axuda, de lecer ou de descanso sen máis.
E por último dende aquí seguimos mantendo o compromiso de seguir propoñendo e presentando recursos que consideramos vos serán útiles para seguir mellorando a nosa competencia.
Lembrade seguir escribindo todos os días, cada día un pouco mellor, empregando o diario, ou o dictado, ou a copia. Seguir lendo todos os días, cada día un pouquiño máis rápido, tanto en voz baixa como en voz alta. E seguir practicando as sumas e as restas, con operacións ou problemas.
Así que xa estamos de volta e seguiremos construíndo momentos que nos axuden a superar estes momentos tan diferentes do que estabamos acostumados e debemos seguir atentos, porque xa sabedes que "queda un día menos para volver á normalidade"

venres, 3 de abril de 2020
Experimento
Para estes días de vacacións propóñovos un pequeno experimento, para comprobar o ciclo e as partes dunha planta.
Vacacións
Aínda que non o pareza, estamos comezando unhas peuenas vacacións que durarán ata o 13 de abril. Dende o Equipo docente de primeiro desexamos que desfrutedes deste tempo, que cambiedes as rutinas destes días e que cada unha e cada un de vós sexades quen de desfrutar o máis posible destes momentos tan inesperados e extraordinarios.
Á volta seguiremos actualizando o Blog para tratar de establecer de novo rutinas que nos sigan axudando a reforzar e mellorar o noso nivel nas diferentes áreas.
Recibide unha grande aperta e un mar de Enerxía posiva.
E lembrade "queda un día menos para volver á normalidade".

xoves, 2 de abril de 2020
Especial do día
Como última proposta antes das vacacións da semana que vén, propóñovos que poñamos en funcionamento a nosa imaxinación.
Imaxinádevos que hoxe despertades e descubrides que todo o que está pasando foi un soño que tivestes, e que cando chegades ao cole queredes contarlle ás vosas compañeiras e compañeiros ese soño.
Pois a proposta de hoxe consiste en que escribades o que lle contariades ás vosas compañeiras e compañeiros, como axuda podedes facer unha lista con algunhas cousas boas deste "soño", e outra con aquelas cousas que non vos gustan nada deste "soño".

mércores, 1 de abril de 2020
Especial do día
Aquí tedes un conto animado.
Cando o rematedes de ver podedes facer unha ficha co título, o autor, a editorial, podedes facer un debuxo que represente a historia que vistes ou escribir un pequeno resumo e contar se vos gustou ou non este conto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)