Debemos entender que non podemos caer na tentación de sobrecargarnos en exceso con un sin fin de actividades, que a única consecuencia que traerá será a tensión e o cansanzo que de nada nos van a servir para sobrelevar a nosa situación.
O tempo adicado a actividades regladas non debe ter como referencia o tempo de escola, xa que no tempo de escola se compaxinan coa tarefa curricular un sinfìn de rutinas e convivencias que non é posible trasladar ao ámbito doméstico.
Si que é desexable establecer unha serie de actividades seguindo unha rutina diaria que favorezan por un lado o repaso dos aspectos xa traballados e por outro lado conseguir un entorno de convivencia maior que favorecerá que o tempo de confinamento sexa o máis constructivo posible.
De aí vén a idea de crear este blog que tratará de abrir posiblidades de poder introducir actividades neses tempos de rutina de traballo comentados anteriormente. Trataranse de aportar recursos de diverso tipo que favorezan a abordaxe dos mesmos dun xeito ameno e sen tensións.
Agardo que vos sexan de utilidade e que os empreguedes co ánimo de reforzar e construír e non co fin de sobreesforzar e de impoñer.

Ningún comentario:
Publicar un comentario