Para hoxe propóñovos que fagamos unha lista da compra. Pensade que coas circunstancias que temos non é recomendable saír todos os días a comprar, así que aprooosta é que fagades a lista para unha semana.
Para iso debemos ter en conta:
1. Revisar o que teñades xa na casa, non é necesario comprar do que xa temos.
2. Debedes facer un menú semanal de comidas, para saber que ingredientes teredes que comprar.
3. Pensar no número de persoas da cas para poder comprar a cantidade necesaria.
4. Non só debedes mercar comida, hai outros productos que tamén debedes ter na casa: de limpeza, de hixiene persoal...
Como nas anteriores propostas podédelas compartir coas vosas compañeiras e compañeiros.
fíxenlle a lista da compra a meus pais e o menú para 5 días!
ResponderEliminar