Visualizacións de páxina totais

martes, 31 de marzo de 2020

Acceso bibliotecas

Aquí tendes información sobre un recurso de acceso ás redes de bibliotecas.


Especial do día

Para hoxe propóñovos que fagamos unha lista da compra. Pensade que coas circunstancias que temos non é recomendable saír todos os días a comprar, así que aprooosta é que fagades a lista para unha semana.
Para iso debemos ter en conta:
1. Revisar o que teñades xa na casa, non é necesario comprar do que xa temos.
2. Debedes facer un menú semanal de comidas, para saber que ingredientes teredes que comprar.
3. Pensar no número de persoas da cas para poder comprar a cantidade necesaria.
4. Non só debedes mercar comida, hai outros productos que tamén debedes ter na casa: de limpeza, de hixiene persoal...
Como nas anteriores propostas podédelas compartir coas vosas compañeiras e compañeiros.

Easter primeiro. Semana 30 marzo - 3 de abril

Aquí tedes a proposta de tarefas de inglés para esta semana.

ACTIVITY

(Había un erro no enlace dunha actividade. Xa está solucionado. Desculpade as molestias e grazas Noa por avisar.)

luns, 30 de marzo de 2020

Especial do día

Para hoxe a idea especial é que inventes un conto no que as ou os protagonista sexan as túas amigas ou amigos.
Lémbrate:
1. Pon un título.
2. Presenta os personaxes.
3. Di onde sucede a historia.
4. Propón unha aventura.
5. Soluciona o problema.
6. Despide o conto.
7. Ilústrao cun debuxo

Como nas anteriores propostas se as compartes pódenas desfrutar o resto de compañeiras e compañeiros.

Tipos de localidades

Aquí tedes un vídeo sobre os tipos de localidades.


Tipos de paisaxes

Aquí tedes un vídeo sobre os tipos de paisaxes.


domingo, 29 de marzo de 2020

Especial do día

Hoxe como propóñovos facer de cociñeiras e cociñeiros. Para iso teredes que escribir unha receita., pode ser a da comida de hoxe ou doutra comida que vos apeteza.
Aquí podedes atopar unhas pautas de como escribir a vosa receita.

RECEITA

Como o resto de especiai, xa sabes podes compartila cos compis, proba con algunha ou algún novo. No comentario podes por o título da túa receita.


As plantas

Aquí tedes un pequeno vídeo que nos explica algunhas cousas das plantas.


Animais vertebrados / invertebrados

Aquí tedes un pequeno vídeo onde explica as diferencias entre animais vertebrados e invertebrados.


venres, 27 de marzo de 2020

Boa fin de semana


Especial do día

Hoxe como proposta do día,  xa que esta semana comezou a primavera, propóñovos que axudemos a alegrar as casas con debuxos de primavera (como coas cartas podedes compartir as vosas creacións).
Aquí vos mando unha páxina con ideas.
PRIMAVERA

mércores, 25 de marzo de 2020

Plantillas de cartas

Aquí vos vai un enlace con modelos sinxelos de cartas.

CARTAS

Especial do día

Como tarefa especial de hoxe propoñémosvos que lle escribades unha carta a algunha compañeira ou compañeiro do colexio.
Non esquezades que ten que ser escrita con boa letra e podedes decorala con algún fermoso debuxo.
Non dubides en preguntarlle como se encontra  e en contarlle como te atopas ti.
Por último debedes pensar en como lla podedes facer chegar á compañeira ou compañeiro e a forma en como lla fixeches chegar pódela comoartir con nós como comentario desta actividade.

P.D. podes escribir máis de unha...

xoves, 19 de marzo de 2020

Aulas Galegas

Aquí tedes un interesante banco de recursos para diferentes cursos e diferentes áreas.

AULAS GALEGAS

mércores, 18 de marzo de 2020

Xogos

Interesantes xogos gramaticais galegos

XOGOS

Creando historias

Aquí vai unha ferramenta que nos pode axusdar a construír historias persoais.

CONTOS

pasatempos

Tamén é importante disfrutar de momentos de traballo mental nunha dimensión máis lúdica, tanto en papel impreso ou en pantalla.

Pasatempos

Actividades de matemáticas

Aí vos vai unha serie de actividades de matemáticas separadas por cursos.
Moitas das fichas poden ser propostas conxuntamente, xa que sei que moit@s estades acompañad@s das vosasa irmás e dos vosos irmáns, e que mellor que traballar en compañía.

Fichas de Matemáticas

martes, 17 de marzo de 2020

Propósito do Blog

Nestes días tan diferentes da nosa vida cotiá, considero fundamental seguir tendo abertas as nosas mentes cara a prudencia e o sentido común, como forma de organizar os nosos días “diferentes”.
Debemos entender que non podemos caer na tentación de sobrecargarnos en exceso con un sin fin de actividades, que a única consecuencia que traerá será  a tensión e o cansanzo que de nada nos van a servir para sobrelevar a nosa situación.
O tempo adicado a actividades regladas non debe ter como referencia o tempo de escola, xa que no tempo de escola se compaxinan coa tarefa curricular un sinfìn de rutinas e convivencias que non é posible trasladar ao ámbito doméstico.
Si que é desexable establecer unha serie de actividades seguindo unha rutina diaria que favorezan por un lado o repaso dos aspectos xa traballados e por outro lado conseguir un entorno de convivencia maior que favorecerá que o tempo de confinamento sexa o máis constructivo posible.
De aí vén a idea de crear este blog que tratará de abrir posiblidades de poder introducir actividades neses tempos de rutina de traballo comentados anteriormente. Trataranse de aportar recursos de diverso tipo que favorezan a abordaxe dos mesmos dun xeito ameno e sen tensións.
Agardo que vos sexan de utilidade e que os empreguedes co ánimo de reforzar e construír e non co fin de sobreesforzar e de impoñer.